Gústenos ou non, a maternidade continúa sendo un dos territorios esenciais desde o que desenvolver a reflexión sobre o “ser muller”.

Gústenos ou non, a maternidade continúa sendo un dos territorios esenciais desde o que desenvolver a reflexión sobre o “ser muller”.
Somos? Existimos? Unha pregunta que non se lle ocorrería facer ao pobo catalán ou vasco, si ten relevancia para nós. Galicia é como unha incógnita, malia ter tantísimos trazos identitarios diferenciais e tantas feridas mal cicatrizadas.
Este ano toca autora, exactamente a sexta desde que se instituise, en 1963, o día das letras Galegas. Luisa Villalta vai vir este ano arrequecer unha exigua nómina na que figuran Xela Arias, homenaxeada no 2021, María Victoria Moreno no 2018, María Mariño no 2007, Francisca Herrero Garrido no 1987 e a inaugural Rosalía de Castro.
Nestes meses aciagos, nos que me acheguei ao bordo do abismo, decateime do doado que pode ser deixar ir, soltar, soltalo todo, desluirse nun chorro de luz, tamén me dei de conta do contrario, do tremendamente difícil que é apagar ese cerebro reptiliano que traballa sempre arreo para quedar aquí, para sobrevivir a calquera prezo.
A chegada da guerra cultural da extrema dereita supón poñer a lingua no foco, convertela, de feito, nun albo prioritario. O cambio da lei de violencia de xénero polo da máis neutra Violencia intrafamiliar na comunidade de Castela e León, a eliminación dos termos “ecofeminismo” ou “ecodependencia” nos programas de estudo da ESO na comunidade de Madrid son indicios deste cambio de rumbo que comeza a fraguar.
Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Phasellus vitae semper nulla. Nunc tempus consequat blandit.