O Ministerio para a Transición Ecolóxica anunciou a súa intención de incluir o lobo na Listaxe de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial. De levalo a cabo, comportaría a prohibición da súa caza. O debate está aberto. O autor deste artigo, escrito meses antes do anuncio ministerial, aporta unha mirada sobre o territorio e o lobo que vai máis alá do conflito en si.