A memoria é o camiño que vai trazando a nosa persistencia, a nosa insistente viaxe por acontecementos indelebles. Ás veces volvemos tocar cicatrices, ás veces percórrenos unha corrente de pracer. En todo caso, a memoria sempre se vive como algo que ocorre no tempo presente, e nela articúlanse os ecos de onte cos ruídos de hoxe. Nada máis expresivo desta persistencia da memoria que a actual batalla en Chile pola significación histórica da Unidade Popular e o Golpe de Estado de 1973