Saín de ver dúas películas imitando a frase de Asterix e Obelix, os dous irredentos galos: “Están tolos estes americanos”. Porque agora, ben se sabe (e, para quen o dubide, o novo emperador laranxa llelo lembra diariamente), o Imperio é americano.
Saín de ver dúas películas imitando a frase de Asterix e Obelix, os dous irredentos galos: “Están tolos estes americanos”. Porque agora, ben se sabe (e, para quen o dubide, o novo emperador laranxa llelo lembra diariamente), o Imperio é americano.
Isabell Lorey, politóloga. Para alén da democracia representativa, por unha democracia en presente
A conversa que TEMPOS NOVOS mantivo con Isabell Lorey xirou predominantemente arredor do contido da súa obra Democracia en Presente. Un concepto de democracia que se ofrece como unha alternativa á democracia liberal, inspirado nas experiencias dos movementos sociais que desde finais do pasado século e o que levamos do actual se veñen producindo en moitos países.
Hai quen pensa que alá, nos despachos acristalados dos executivos de Hollywood, e acolá, nos menos glamourosos das produtoras europeas, unhas mentes perversas conspiran para trocarnos a todos en asasinos en serie. Eu creo, máis ben, que se nos venden historias de violentos psicópatas, cínicos ladróns e brutais violadores é porque saben que hai un público ansioso por mercalas.
O capitalismo trae a fin do mundo mais o capitalismo persiste alén desa fin. Non alimentan este destrutivo imaxinario os máis dos relatos de ciencia ficción que consumimos como inocuos?
Unha excelente película (Los domingos, Alauda Ruíz de Azúa, 2025), máis a performace de Rosalía coa presentación do seu novo disco na praza Callao, veñen provocando unha singular concordancia na recepción mediática: a mocidade está volvendo á relixión, mesmo hai quen di, máis concretamente, volve ser católica.
Novos movementos sociais coa bandeira pirata como símbolo: contra a estigmatización da mocidade
A lectura en 2012 do libro Redes de indignación y esperanza: los movimientos sociales en la era de Internet (Alianza), de Manuel Castells, non facía prever o auxe da ultradereita e dos líderes autoritarios que hoxe ocupa o foco do espazo político. Ao contrario, o estoupido dunha mocidade rebelde que se espallou por todo o mundo en 2011 semellaba ter unha incontestable marca democrática e de esquerdas. Que aconteceu logo para este radical xiro? Existiu realmente ese xiro?
O pasado outubro faleceu Armand Mattelart, unha das personalidades fundamentais no espazo da teoría e crítica da comunicación.
Poida que a virtude das “glorias nacionais” de novo sexa para algúns incompatible con condutas que a moral inquisitorial condenaba.
Quero centrar o foco en dous aspectos deste excelente filme: a representación, por un lado, da condición diglósica do uso da lingua e, por outro, das mortes derivadas da heroína nos 80.
Velaquí un libro ben oportuno, mais non oportunista. Cónstame que este texto, resultado dunha investigación en equipo, entrou no proceso de edición hai xa máis de dous anos, moito antes logo de que o espanto dos lumes deste verán (que cando escribo estas notas aínda...