Luís Álvarez Pousa
Luís Álvarez Pousa
A batalla mediática (e antidemocrática) de Trump

logo-tempos-exclusivo A batalla mediática (e antidemocrática) de Trump

Non é un político, nin un ideólogo. A Donald Trump non lle interesan as cuestións da gobernanza nin a política democrática, senón o mundo do espectáculo, os índices de audiencia e a posibilidade de seguir interpretando o personaxe inclasificable que se forxara en The Apprentice” (un reality show emitido pola NBC entre 2004 e 2015).  É un personaxe da telerealidade.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
Xenocidio

Xenocidio

O recoñecemento do Estado Palestino por 155 países aumenta a presión sobre Israel para que, en chegando o hostigamento da comunidade internacional ao límite, e con Trump en modo pragmático, se vexa forzada a negociar cun interlocutor lexítimo oposto a Hamás. 

A baza mediática 

A baza mediática 

No novo marco regulatorio europeo ten a lei Rueda o seu talón de Aquiles. Aproveitalo para desmontar a estratexia de dominio dos medios públicos galegos por parte do PP é un imperativo cívico e democrático.  

Ataque á democracia

Ataque á democracia

O que desvela o sumario do `caso Montoro´ é un modus operandi que agrava ad nauseam todo o que, baixo o paraugas bipartidista da Transición veu curtocircuitando, en diversas épocas e con asimétricos estándares de corrupción política, o desenvolvemento da democracia.

A rexeneración pendente 

A rexeneración pendente 

Entre o “váyase, señor González” de Aznar e o “váyase, señor Sánchez” de Feijóo, mediaron Filesa, Naseiro, Roldán, Gürtel, Bárcenas, Púnica, ERES, Ábalos, Cerdán, e todo un longo etcétera que puxo no mapa da corrupción política ao Madrid de Esperanza Aguirre, á Valencia de Francisco Camps, á Catalunya dos Pujol, á Galicia dos Baltar e das extorsións empresariais confesadas polo condenado Pablo Crespo, e un rei Borbón que amasou impunemente mordidas millonarias.

Cómplices do mal 

Cómplices do mal 

Tal vez non haxa mellor exemplo para constatar a progresiva e crepuscular degradación sistémica, que ten na democracia un obxectivo a eliminar, que o do xenocidio que o Estado de Israel está levando a cabo contra o pobo palestino. 

Comunicar cultura

Comunicar cultura

Os medios galegos seguen ancorados respecto da cultura nos vellos e caducos modelos periodísticos. Os diarios tradicionais adaptaron as súas tallas ao corpo social, sen máis autoesixencia que a de resistir mirando para outra parte. Imos con moito retraso. No fondo, estamos pagando as consecuencias de terlles negado significación cultural propia aos medios de comunicación durante moitos anos.

A Igrexa despois de Francisco: novo papa, vellas urxencias 

logo-tempos-exclusivo A Igrexa despois de Francisco: novo papa, vellas urxencias 

Sen descartar que se teñan que prolongar as negociacións e as votacións na Capilla Sixtina do Vaticano, nas próximas semanas a fumata branca e o protocolario habemus Papam anunciarán ao sucesor do falecido papa Francisco. Quedaría así despexada a incógnita de se para esta nova etapa a Igrexa vai seguir priorizando o evanxeo a través dun Bergoglio II, ou vai optar por priorizar a relixión valéndose para iso dun papa cuxo perfil responda á un mix de Wojtyla e Ratzinger.  

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
Operación Vaticano

Operación Vaticano

Coa morte do papa Francisco, a Igrexa católica ten a sede vacante. A elección do sucesor estará moi condicionada por dous factores: o marco xeopolítico -inestable, tensado por Trump e na onda reaccionaria que necesita o capitalismo da vixilancia-, e a polarización eclesial, cun sector ultracatólico disposto a dar a batalla contra os seguidores do ‘papa woke’. Ao que se engade a demanda de cambios estruturais pendentes, cos que adaptar a Igrexa aos desafíos do século XXI. Con todo iso por diante, resulta difícil predicir o que saia do cónclave.

O Prestige de Rueda?

O Prestige de Rueda?

O goberno de Rueda viuse sorprendido polo clamor popular contra o macroproxecto de Altri. Banaliza e criminaliza canda o PP as mobilizacións sociais que os acurralan, temendo que esa marea cívica produza os efectos que tivera para Fraga e o partido a do Prestige.