Juan Torres López
Juan Torres López
Por que odian a Europa?

Por que odian a Europa?

Non é o presente de Europa o que provoca inquedanza ás novas elites do capitalismo tecnolóxico global, senón o seu potencial. A pesar da súa deriva burocrática, da subordinación aos grandes poderes económicos e da mediocridade dunha parte dos seus líderes, a Unión Europea segue conservando elementos estruturais incompatibles co modelo autoritario, oligárquico e neofeudal que promove a extrema dereita trumpista.

Falemos claro: privatizar a sanidade mata. Así o din os datos

Falemos claro: privatizar a sanidade mata. Así o din os datos

Hai que dicilo claro e convén que ninguén se deixe enganar: o obxectivo do sistema de sanidade privada, das súas empresas sanitarias, non é curar ou previr enfermidades, senón maximizar o seu beneficio económico. E para obter beneficios e maximizalos, un sistema sanitario privado non pode ter como obxectivo reducir o número de enfermos, senón ter clientes recorrentes.

A motoserra ponse en marcha en Francia, alí tamén con mentiras

A motoserra ponse en marcha en Francia, alí tamén con mentiras

O primeiro ministro francés, François Bayrou, vén de anunciar recortes nos orzamentos de 2026 que afectarán ao gasto en educación, sanidade, pensións e axudas sociais e á creación de emprego público por un importe total de 44.000 millóns de euros. Practicamente ao mesmo tempo, anunciou que incrementará os gasto en defensa en 6.000 millóns de euros nos próximos dous anos.

Trump contra Harvard: non pensar, non protestar

Trump contra Harvard: non pensar, non protestar

A Universidade de Harvard foi escenario dun número significativo de actos de protesta e denuncia contra Israel por levar a cabo o xenocidio e o exterminio do pobo palestino. A vinganza de Donald Trump non tardou en chegar en forma de despiadado ataque co apoio dos medios de comunicación máis conservadores.