Calquera que chega a Galicia polo aire e observa desde o portelo do avión a inmensa cantidade de aeroxeradores que dominan o noso territorio, imaxínome que lle leva a pensar que a factura da luz non debe ser na esquina galaica tan gravosa como no resto do Estado. Á fin e ao cabo entregamos toda unha paisaxe verde e salvaxe ao dispor das enerxías limpas e renovables. Porén, a realidade é outra ben distinta.