Isabel Blanco
Isabel Blanco
A miña amiga bonaerense

A miña amiga bonaerense

O odio da dereita española co discurso da ocupación ilegal —que existe en España desde os anos 60—  vai dirixido a outras. A elas, a dereita española ódiaas porque ocupan un país que non é o delas, ao que chegan coas súas peles escuras, o hiyab e as súas linguas propias, e pídenlles mil euros por unha casa e papeis para o contrato. Non hai papeis. Non hai vivenda. E pídenlles de volta mil euros pola vivenda porque para pedirlles mil euros non teñen que ter papeis. Porque para pagarlles por traballos sen dereitos laborais non teñen que ter papeis. Porque para odialas e que marchen, mellor non ter papeis. Porque para que traballen, paguen e xeren riqueza, non teñen que ter papeis.

Por que o ceo é azul, Sra. Ayuso?

Por que o ceo é azul, Sra. Ayuso?

Alcanzar a madurez é abandonar o pensamento máxico. Cando iso ocorre, deixas de facerte todas esas preguntas que non te levan a ningunha parte e respondes outras como que fai no teu garaxe un Maserati, que foi dunha factura de 620.000 euros “que non se pagou nunca” e 922.000 euros por vacinas que nunca se venderon.

Maldita zorra!

Maldita zorra!

En Washington, no verán, vai calor. Os días son bochornosos e non refresca nin de noite. O sol cae a chumbo sobre a branca escalinata de granito que conduce á porta de entrada do Capitolio. Nun deses días de canícula, a política estadounidense Alexandria Ocasio-Cortez é abordada polo congresista republicano Ted Yoho, quen, en presenza de xornalistas, a chama fucking bitch. Maldita ‘zorra’.