O tren de crises producidas desde 2008 ancheou a fenda entre as expectativas vitais e as oportunidades disponibles para satisfacelas de quen chegou á idade madura co novo milenio. A autora constata como as condicións obxectivas de benestar, tanto presentes como futuras, son peores que as das xeracións dos seus país e dos seus avós. Nas súas experiencias no mercado laboral e como receptores de gasto social, nada indica que vaian producirse cambios substanciais para que as súas lexítimas aspiracións poidan realizarse no inmediato futuro.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo