Se Orbán gana o domingo, a rede celebrará o maior triunfo da internacional ultra desde o regreso de Trump. Se perde, o veto sistemático en Bruxelas desaparece e Europa respira.
Se Orbán gana o domingo, a rede celebrará o maior triunfo da internacional ultra desde o regreso de Trump. Se perde, o veto sistemático en Bruxelas desaparece e Europa respira.
Votar é o principio, pero non o final. O 12 de abril Hungría decide se muda de goberno, mais o verdadeiro reto non está nas urnas, senón en desmontar o “Frankenstate”, esa complexa arquitectura xurídica e mediática que Viktor Orbán construíu durante décadas para facer o seu poder irreversible.
Irán, a guerra longa que Washington non anticipou
O conflito aberto o 28 de febreiro entre Estados Unidos, Israel e a República Islámica reproduce os trazos das guerras de Oriente Próximo que Trump prometera non volver repetir, con obxectivos difusos, custo económico crecente, fracturas na familia MAGA e un réxime que aguanta o golpe. Entre as proclamas de vitoria e a solicitude de 200.000 millóns de dólares adicionais ao Congreso, a administración exhibe unha incoherencia que vai alén da táctica e que afecta á credibilidade mesma da operación.
O pasamento de Habermas marca o fin dunha era na Teoría Crítica, pero o seu legado agroma como antídoto fronte ao «tecnofeudalismo» e o «tecnofascismo». Unha análise sobre como a razón comunicativa resiste á colonización algorítmica e á fractura dunha esfera pública hoxe capturada pola economía da indignación e o poder das grandes plataformas.
Arquivos Epstein: impunidade trumpista e asalto á democracia
Lonxe de parar, a Casa Branca non agarda. A administración Trump xa traballa activamente para "nacionalizar as eleccións" de medio mandato, un proceso historicamente competencia exclusiva dos estados. O plan inclúe a presenza intimidatoria do ICE nos colexios electorais para disuadir o voto de comunidades inmigrantes e a presión directa sobre gobernadores e responsables estatais para intervir no censo e no escrutinio para afianzar o control republicano sobre os resultados dos escrutinios.
Irán: chaves dunha revolta popular e asedio xeopolítico
Desde o pasado mes de decembro, a República Islámica enfronta a maior crise da súa historia recente caracterizada polo colapso económico, mobilizacións masivas en todo o país e ameazas militares de Israel e Estados Unidos. Nunha situación que evoca 1979, o réxime dos mollahs acude á represión brutal mentres unha oposición fragmentada busca capitalizar unha conxuntura que moitos estiman decisiva. Está Irán realmente ás portas dunha revolución ou asistimos a outro episodio do seu declive autoritario?
A acción contra Venezuela non constitúe unha errática improvisación da administración Trump, senón a aplicación consciente dun protocolo probado que estableceu precedentes legais favorables aos intereses norteamericanos.
Trump II: dez chaves do primeiro ano de ruptura imperial
Desde a súa vitoria electoral o 5 de novembro de 2024, Donald Trump iniciuo un período que consolida unha fenda sistémica que afecta institucións democráticas estadounidenses e á posición do país no sistema internacional. Mentres, avanza unha mobilización cidadá que tenta contrarrestar pacificamente o que percibe como deriva autoritaria.
Francia. Glosario dunha democracia bloqueada
Os franceses descobren que o sistema deseñado por De Gaulle en 1958 para garantir estabilidade a través de amplas maiorías devén unha trampa cando o Parlamento se balcaniza en tres bloques irreconciliables. A Nova Fronte Popular (182 escanos), Ensemble de Macron (168) e o Reagrupamento Nacional (143) conforman un triángulo que paraliza calquera decisión gobernativa.
A “Europa imaxinaria” afronta unha disxuntiva existencial: devir por fin un actor xeopolítico real ou resignarse a ser o campo de batalla onde son outros quen deciden o seu propio destino. A resposta determinará se Europa se consolida como potencia soberana ou se desvanece definitivamente como reliquia dun proxecto civilizacional esgotado.