David Alvarado
David Alvarado
Distintas bandeiras, un mesmo idioma: así fala a ultradereita global

Distintas bandeiras, un mesmo idioma: así fala a ultradereita global

MAGA, Rassemblement National, Fratelli d’Italia, Vox, Alternative für Deutschland ou Reform UK responden a historias nacionais distintas, pero comparten unha maneira de ler a realidade. Os mesmos marcos vinculan inmigración, identidade, soberanía e elites ata converter a vivenda ou os servizos públicos en capítulos dun único relato de perda e ameaza. Esas ideas circulan en rede, sen dirección centralizada, e cada forza tradúceas á súa propia memoria colectiva.

Ceuta e as fendas do Marrocos de Mohamed VI

logo-tempos-exclusivo Ceuta e as fendas do Marrocos de Mohamed VI

No último Discurso do Trono, o rei presentou Marrocos como país «estable» e actor «crible, respectado e escoitado» internacionalmente. Horas despois, ducias de milleiros de marroquís entraban en Ceuta. A avalancha expuxo as contradicións dun reino máis influente no exterior, pero incapaz de ofrecer ao groso da súa mocidade oportunidades, dereitos e liberdades.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
Venezuela, protectorado estadounidense baixo os cascallos

logo-tempos-exclusivo Venezuela, protectorado estadounidense baixo os cascallos

Venezuela afronta unha nova realidade na que o cambio de liderado non alterou as estruturas do poder. O terremoto de xuño deixou ao descuberto un modelo político e económico marcado pola tutela estadounidense, a continuidade das elites chavistas e unha soberanía cada vez máis condicionada por intereses alleos ao país.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
Trump, Infantino e o negocio da desorde mundial

logo-tempos-exclusivo Trump, Infantino e o negocio da desorde mundial

O Mundial de 2026 deixa de ser só un acontecemento deportivo para converterse nun espello da nova orde global. Entre o liderado personalista de Trump, a FIFA de Infantino e o declive do multilateralismo, o fútbol aparece como un negocio político onde o espectáculo serve para lexitimar o poder e ocultar as súas contradicións.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
Hungría cambia de dereita

Hungría cambia de dereita

Vitoria de Magyar e límites do cambio no Estado iliberal de Orbán.
O 12 de abril de 2026 os húngaros puxeron fin a 16 anos de goberno iliberal cuns resultados que sorprenderon até as previsións máis favorables para a oposición. Tisza obtivo o 54% dos sufraxios, contra o 38% do Fidesz. A participación chegou ao 78%, a máis alta desde a caída do comunismo, evidencia dunha mobilización colectiva ampla e consciente. Viktor Orbán, que recoñeceu a derrota e chamou para felicitar a Péter Magyar, encabeza agora a oposición. O ganador asumirá o cargo nun Estado construído para resistir calquera alternativa ao Fidesz. A profundidade do cambio real que logre dependerá de canto poida desactivar ese aparato desde dentro.

Ganar e non gobernar: o Frankenstate húngaro

Ganar e non gobernar: o Frankenstate húngaro

Votar é o principio, pero non o final. O 12 de abril Hungría decide se muda de goberno, mais o verdadeiro reto non está nas urnas, senón en desmontar o “Frankenstate”, esa complexa arquitectura xurídica e mediática que Viktor Orbán construíu durante décadas para facer o seu poder irreversible.

Irán, a guerra longa que Washington non anticipou

logo-tempos-exclusivo Irán, a guerra longa que Washington non anticipou

O conflito aberto o 28 de febreiro entre Estados Unidos, Israel e a República Islámica reproduce os trazos das guerras de Oriente Próximo que Trump prometera non volver repetir, con obxectivos difusos, custo económico crecente, fracturas na familia MAGA e un réxime que aguanta o golpe. Entre as proclamas de vitoria e a solicitude de 200.000 millóns de dólares adicionais ao Congreso, a administración exhibe unha incoherencia que vai alén da táctica e que afecta á credibilidade mesma da operación. 

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
Habermas contra os donos do algoritmo

Habermas contra os donos do algoritmo

O pasamento de Habermas marca o fin dunha era na Teoría Crítica, pero o seu legado agroma como antídoto fronte ao «tecnofeudalismo» e o «tecnofascismo». Unha análise sobre como a razón comunicativa resiste á colonización algorítmica e á fractura dunha esfera pública hoxe capturada pola economía da indignación e o poder das grandes plataformas.