Estes meses, coa indicible violencia que está a sufrir o pobo gazatí, os esforzos por describir unha situación tan dolorosa deben ser grandes, por todo o mencionado anteriormente. Con todo, en moitos titulares vimos “morreron tanto número de mulleresenenos” ­­––sí, xunto, como unha categoría pechada, tal e como critica Cynthia Enloe––  desposuíndo así as mulleres gazatís da súa capacidade política e de sostemento da vida e da resistencia en Gaza.