Cesáreo Villar Blanco
Cesáreo Villar Blanco
O Baiona, a Babel viguesa

O Baiona, a Babel viguesa

Entre os anos 60 e 80, o Bar Bayona erixiuse como unha atalaia clandestina sobre o Berbés. Alí, a señora Celsa e Pepe rexentaban un universo de fronteira onde o fume do xamón asado unía a policías, mariñeiros, modernos e artistas. Máis que unha taberna, aquel baixo de teitos pintados foi o refuxio nocturno onde a cidade agardaba, entre cuncas de viño e racións de espaguetes, a chegada da democracia.

A invasión das ultramascotas

A invasión das ultramascotas

Vostede non se deu de conta, pero estamos a vivir unha invasión. Nove millóns de irracionais pasean polo noso país con humanos agarrados do estremo alto dunha correa, e seis millón máis xacen sen outra misión que encher de pelos os sofás e deixarse aloumiñar. Cans e gatos superan nas urbes a nenos e rapaces de 0 a 20 anos ao tempo que o “parque mascoteiro” prospera vello e farrapento grazas aos minuciosos coidados e á recuperación de exemplares abandonados. Lémbrame á película A invasión dos ultracorpos.