Libreiros e libreiras reivindican o seu papel como axentes de promoción do libro galego. Coñecen ben, desde a súa posición dentro da cadea comercial do libro, cales son os problemas que enfronta o sector. Non agochan a súa responsabilidade na situación actual, pero saben que son unha parte imprescindible da solución.