As empresas ou plataformas que colonizan Internet detentan un superpoder global grazas aos datos de comportamento que un tercio da humanidade lles traslada a través das redes sociais, etiquetándoos ata o infinito para vendelos despois ao mellor postor. É o que constitúe o capitalismo de vixilancia, en atinada definición da profesora Shoshana Zuboff.