Habitamos a sociedade da información. As TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) xogan un papel tan relevante nas nosas vidas que seriamos incapaces de manter os nosos hábitos se mañá desaparecesen. Internet, impensábel un século atrás, é inseparábel agora de nós. Incluso o seu alcance e importancia eran dificilmente medíbeis hai apenas tres décadas. Esta nova realidade muda tamén o escenario para o galego.