A cidadanía allea ao sector conservador percibiu quen concitaba a utilidade do voto e o fervor do cambio. Gómez Besteiro, home xa curtido en política e cun inxusto calvario xudicial ás costas, xogou coas cartas que tiña. O PSdeG saltou ao terreo de xogo con notable desgana, de forma improvisada, sen espertar maior ilusión.
