Detrás da porta dunha aula hai moito máis ca clases e exames. A docencia convive cada día con decenas de realidades persoais, emocionais e sociais, nun labor que se estende moito máis alá do horario lectivo. Un traballo esencial para a igualdade de oportunidades que continúa reclamando recoñecemento e mellores condicións.
















