De que serve matar o pai, a aquel que ten que dicir “non”, sen decatarse de que tras este “non” estivo sempre e está o Gran Pai, é dicir, a alianza entre o Estado e o Capital ao servizo da construción do eu? A identificación antedita é a que pode conducir a outra, a saber, que ser libre é chegar a satisfacer un desexo en grao sumo peregrino, sen outra lóxica que a de pasar o límite do “non”.
