O actual sistema de financiamento traslada a idea dun Estado benfeitor que xenerosamente ofrece dádivas ás insaciábeis CCAA. Dito doutro xeito, trátase ás comunidades como meras descentralizacións administrativas e non como un suxeito político con capacidades propias. No caso de Galicia, os tributos propios e cedidos só achegan unha parte do financiamento para cubrir as nosas necesidades, sendo preciso completalo mediante transferencias, o cal reforza a visión de “subvencionados”. Nin que dicir ten que, tal e como amosan as liquidacións anuais do SdF, se as porcentaxes de cesión fosen outras, non se precisarían estas transferencias.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo