Albino Prada
Albino Prada
Euskadi e Galiza: desnortadas e minguantes? 

Euskadi e Galiza: desnortadas e minguantes? 

Galicia e Euskadi sofren un declive demográfico, a precariedade no emprego mozo e a perda de peso industrial fronte á media española. Pese ao alivio do concerto vasco nos servizos públicos, ambos territorios comparten unha preocupante desconexión entre as súas empresas locais de dimensión multinacional e o benestar social.

Consecuencias do bloqueo comercial a España polos Estados Unidos

Consecuencias do bloqueo comercial a España polos Estados Unidos

A dependencia estratéxica de España —e por extensión, de Galiza— respecto dos hidrocarburos estadounidenses sitúanos nunha posición de vulnerabilidade crítica nun taboleiro internacional cada vez máis hostil. O que hai un ano podía parecer unha advertencia preventiva, hoxe é unha realidade urxente. Diante das ameazas de bloqueos comerciais e a inestabilidade xeopolítica impulsada por Washington, a soberanía xa non é só unha opción política, senón unha necesidade económica.

En 2025: crecentes ou minguantes?

En 2025: crecentes ou minguantes?

Os últimos datos do INE non traen boas novas para Galicia no que a demografía se refire. No 2025 a poboación en Galicia medrou a metade que en España. Unha sangría poboacional que ten a súa explicación nun saldo vexetativo negativo e na emigración da nosa poboación autóctona.

Mercosur e a Unión Europea: outra globalización imposible

Mercosur e a Unión Europea: outra globalización imposible

Precisamos ter un sistema rural-alimentario dentro da UE (e no reino de España, e na Galiza) que non se poña en perigo polos apóstolos da “produtividade e libre comercio”, os mesmos que están a deixar claro que pola lei da forza rachan o comercio marítimo e bloquean a quen lles peta. E para iso precisamos producir aquí cousas mesmo que sexan máis “caras”.