A Intelixencia Artificial vai revolucionar o mundo, creando e incorporando sistemas intelixentes no noso día a día. Unha ferramenta que fascina, pero con riscos que desacougan. Os escenarios que se propoñen parecen debuxar un futuro distópico dominado por máquinas e algoritmos. A pregunta é pertinente: unha IA superintelixente é quen de representar unha ameaza contra a especie humana, ou trátase tan só dunha nova revolución tecnolóxica?