A cirurxiá Ana Presedo Rodríguez é actualmente a coordinadora da Unidade de Neuro-ortopedia no Hospital Robert Debré de París, no que traballa desde o ano 2003, e dedícase a tratar problemas de motricidade en pacientes infantís neurolóxicos. A súa práctica, investigacións e escritos versan sobre temas moi técnicos a medio camiño entre rehabilitación, fisioterapia, pediatría, neuroloxía, traumatoloxía, biomedicina, enxeñería e cirurxía. Nesta entrevista, procuramos que apunte a súa mirada e experiencia multidimensional á parte social e de xénero que implica o seu traballo.