Abraham Rubín
Abraham Rubín

logo-tempos-exclusivo Tempo para pensar, necesidade vital

O ruído e a présa son dous dos males que afectan, segundo criterio practicamente unánime, ás sociedades contemporáneas. Abraham Rubín acode aos filósofos Hartmut Rosa e Michel Foucault para atopar como afrontar eses males e recuperar o tempo para pensar. 

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
A verdade, en crise

A verdade, en crise

A pregunta coa que encabezo esta carta non é baladí: é o sentimento máis poderoso que a verdade? Levándoa ao terreo da política, e ao das plataformas nas que aniñan cantos fan das redes sociais unha esterqueira, interioriza que estamos expostos aos efectos dunha corrente que desertiza a democracia. Acaba por facela improdutiva e impracticable.

Diálogos filosóficos do século XXI (e II):  Gnosticismo e Filosofía Ambiental na actualidade

Diálogos filosóficos do século XXI (e II): Gnosticismo e Filosofía Ambiental na actualidade

Nunha sociedade dominada polo economicismo, o consumismo e o materialismo, as tentativas de oposición ao modelo de vida dominante replican a característica gnóstica, que neste sentido se converte na procura dunha transformación interior que conforme un camiño soteriolóxico, é dicir, unha tentativa de acadar a salvación que leve consigo repercusións máis alá do individuo.