A velas vir
A velas vir
O cuarto poder e o capitalismo pedichón

O cuarto poder e o capitalismo pedichón

O capitalismo evoluciona substituíndo o consumo privado polo financiamento público. Na era do «capitalismo pedichón», os grandes medios de comunicación abandonan a competencia comercial para sobrevivir grazas ao patrocinio institucional. Fronte ao colapso do modelo tradicional, os orzamentos das administracións toman o control da prensa, transformando a liña editorial e a propia independencia xornalística.

A IA que queremos. Un decálogo

A IA que queremos. Un decálogo

Entre o entusiasmo tecnolóxico e o medo ao futuro, o debate sobre a intelixencia artificial corre o risco de quedar atrapado nos extremos. A cuestión non é deter o seu desenvolvemento, senón decidir baixo que regras queremos que avance: con responsabilidade, transparencia e control democrático, ao servizo das persoas e non da súa substitución.

A intelixencia máquina. Os descartes

A intelixencia máquina. Os descartes

A serie de artigos que viñemos publicando sobre a intelixencia artificial non foi planeada como tal, a serie xurdíu do intento de entender os acontecementos a medida que se producían, seguindo a evolución non tanto da tecnoloxía (para o que non estariamos capacitados) como do impacto desa tecnoloxía en todos os campos da actividade humana.

A intelixencia máquina 8

A intelixencia máquina 8

A expansión da intelixencia artificial preséntase como un destino inevitábel e sinónimo de progreso. Mais detrás desa promesa agroman novas formas de control, dependencia e extracción de datos que erosionan a autonomía individual e consolidan un poder tecnolóxico cada vez máis opaco, baixo a aparencia de eficiencia e neutralidade.

A intelixencia máquina 7

A intelixencia máquina 7

A intelixencia artificial preséntase como unha revolución ineludible, pero baixo o seu brillo escóndese un novo colonialismo dixital. Entre profecías milenaristas de Silicon Valley e a explotación analóxica de recursos, os algoritmos operan como ferramentas de submisión financeira e ideolóxica, espertando xa as primeiras frontes de resistencia activa entre os nativos dixitais.

A intelixencia máquina 6

A intelixencia máquina 6

A présa dos gobernantes por subirse ao tren da intelixencia artificial ameaza con entregar a xestión pública á opacidade de Silicon Valley. Baixo o pretexto da modernización e o “empoderamento”, a delegación de decisións estratéxicas en algoritmos agocha un perigo maior: a dilución da responsabilidade institucional e un aumento da ineficiencia onde a tecnoloxía substitúe á ciencia e a fe substitúe á ética.

A intelixencia máquina 5

A intelixencia máquina 5

Entre o máis puro estilo dos feirantes de Silicon Valley e a opacidade de algoritmos ministeriais, a IA consolídase como unha ferramenta de extorsión política e asimetría infraestrutural. Baixo o verniz dun progreso obxectivo e sen vacilacións, escóndese un oligopolio que prioriza o “hype” apocalíptico para evitar debates urxentes sobre dereitos e soberanía.