TEMPOS NOVOS, TEMPOSDIXITAL
Superados os 25 anos daquela aposta fundacional seguen pesando esas e outras novas razóns para mantermos activado ese proxecto editorial, cívico e plural, que se manifesta a través da revista mensual TEMPOS NOVOS, que xa é unha referencia ineludible no sistema de medios de Galicia. No seu ideario aparece desde un principio o compromiso de pensala, planificala e proxectala mes a mes con criterios profesionais e xornalísticos, sendo ao tempo unha plataforma para o debate de ideas. Moi lonxe, xa que logo, do que ofrecen outros medios que están inmersos nun proceso de crecente desprofesionalización, sobreviven involucrados nunha dinámica mercantilista que os afasta da función social para a que foron creados, e amosan unha empobrecedora estandarización das súas axendas temáticas.
TEMPOSDIXITAL é a lanzadeira coa que Atlántica de Información e Comunicación quere achegar os seus contidos a un público máis amplo que o que xa ten fidelizado a través da publicación en papel. Non só valéndose do soporte web como complemento da edición en papel, tamén utilizando as redes sociais con ese mesmo obxetivo, sen desligalo en ningún caso dos principios fundacionais e da calidade dos contidos que se difundan no día día.