O narrador dun dos relatos do espléndido Libro dos amores ridículos, de Milan Kundera, escribe que os humanos sempre transitamos o presente cunha venda nos ollos. Somos incapaces de saber por onde andamos nin onde imos, aínda que case todos cremos ou queremos crer que o sabemos. Cando quitamos a venda só podemos observar un pasado que resulta case tan indiscernible coma o futuro: cada un de nós ve -ou cre ver, ou quere ver- unha cousa distinta. Pero o futuro está sempre velado, cando menos nas súas direccións máis importantes.
Na dimensión individual só podemos adiantarnos ao futuro dando por segura a propia morte. E no aspecto social, o único proceso ou acontecemento máis ou menos previsible é a aceleración do progreso científico e tecnolóxico. Sabemos que a investigación médica seguirá descubrindo remedios ou inventando técnicas contra enfermidades que hoxe nos intimidan e consumen. E sabemos tamén que a enxeñería informática seguirá achegando novidades case inconcibibles.
Pero do que non temos a menor idea é das consecuencias que esta clase de progreso producirá nas sociedades. Cando se crean espazos extensos de intersección entre tecnoloxía e sociedade todo adquire un dinamismo escuro e sorprendente, case azaroso, que ningún centro avanzado de estudos sociais, políticos ou económicos é capaz de descifrar con algunha claridade ata que xa pasou un tempo e os cambios se solidificaron en certezas ou en novos prexuízos.
Tolos polas “TIC”
Calquera que teña máis de cuarenta anos lembrará o clima de optimismo no que se iniciou a era de internet. Aqueles voluminosos ordenadores de mesa, conectados mediante unha enleada maraña de cables a enormes caixotes metálicos que custodiaban a memoria e o disco duro, semellan hoxe trebellos anticuados e aparatosos que fan rir aos rapaces que ven fotos da época. Pero a mediados dos anos 80 servían xa para confeccionar xornais, a pesar da súa tendencia case diaria a ficar colgados. Traballábase baixo a ameaza dun hackeo permanente executado polo sistema, palabra coa que se designaba unha sorte de deus antolladizo e invisible que podía actuar de forma benévola ou monstruosa e a cuxos caprichos só tiña acceso o técnico, habitualmente un afeccionado a teclados e conectores sen ningunha formación específica. Pero o xornal saía todos os días. E cada novo número confirmaba o espléndido futuro que agardaba ás empresas xornalísticas e a quen traballan nelas, directos beneficiarios dun progreso que aínda non prevía o streaming nin a tecnoloxía 5-G.
Despois todo pareceu ir a mellor. Cando colapsou o comunismo uns botáronlle a culpa a Gorbachov, outros ao abrirse paso do espírito absoluto, e tamén houbo quen sinalou o atraso soviético na batalla tecnolóxica. O certo é que os ordenadores funcionaban cada vez mellor, xurdían miles de páxinas web e o novo tecnocapitalismo producía heroes sen garabata nin gomina, ao estilo de Bill Gates e Steve Jobs. No inicio do século XXI un par de postadolescentes espilidos podían fedellar nun garaxe californiano e inventar Google, empresa clave que naceu comprometida coa democratización do acceso ao cibermundo e grazas á cal a xente podía meterse en facebook, a rede social coa que outro rapazolo de aspecto apampado, Mark Zuckerberg, facía o seu primeiro millón de dólares.
Daquela todo o mundo quería ter facebook, ter moitos amigos virtuais cos que compartir música, falar de películas ou intercambiar parabéns nos aniversarios. Ademais era gratis e ninguén se preguntaba, nin os medios informaban, de onde saía o diñeiro que convertiría a Meta, Google ou Twitter-X nos grandes negocios do novo século. O optimismo tecnolóxico era tal que apenas se escoitaban as moi escasas voces disidentes. “As TIC son neutrais. Outra cousa é o uso que se faga delas, que pode ser bo ou malo”, dicíase con certa condescendencia pedagóxica para edificación de escépticos. Pero daquela todo era bo e nada parecía malo, agás as tarifas de Telefónica pola conexión a internet.
Nós, mentres tanto, regalámoslle todos os días a estes personaxes os nosos datos, fotos, ubicacións, gustos e opinións a cambio dunha vida un pouco máis fácil aínda que non máis satisfactoria.
Os novos príncipes
Sen embargo, nos dez últimos anos algo comezou a cambiar e as interaccións innumerables e incontrolables entre o mundo e as famosas TIC empezaron a erosionar aquel aproblemático entusiasmo tecnolóxico. Quen podía imaxinar que o fráxil Zuckerberg tería que comparecer ante o Senado estadounidense para dar explicacións sobre a venda de datos a Cambridge Analytica ou sobre a explotación sexual infantil en Instagram? Ou que este ano 2026 ía ser condenado a indemnizar a unha muller que o acusou da súa adicción ás redes sociais? Zuckerberg exculpouse declarando que había xente que mentía sobre a sua idade ao acceder ás redes, pero foi declarado responsable de “actuar con malicia, opresión ou fraude”. A outra empresa condenada neste mesmo caso é Google, cuxa matriz, Alphabet, lle debe máis de 11.000 millóns de euros á Comisión Europea en multas, case todas elas por abuso de posición dominante. Google xa deixou de usar o seu eslogan inicial: Don´t de evil (non sexas malvado).
Pero todo isto, aínda que sintomático, é case anecdótico se o poñemos en relación coa axenda de control social e cambio político auspiciada polos magnates de empresas como X, Oracle ou Palantir, todos eles afíns a idearios disruptivos e antidemocráticos, non totalmente diferentesds dostrinas impulsadas polo trumpismo. Segundo Peter Thiel, señor de Palantir, libertario ao tempo que beneficiario de miles de millóns de dólares en contratos públicos, a política democrática é un lastre para a verdadeira liberdade. Esta non é outra que a empresarial, que non precisa de máis procedementos e regulacións que os decididos polo empresario-visionario, chamado a ser, co apoio da intelixencia artificial, o novo príncipe do século XXI. Por suposto, cando di estas cousas está pensando en el mesmo. Un lunático máis? Quizais, pero un lunático rebosante de dólares, aínda que non tantos coma o seu antigo socio Elon Musk. Nós, mentres tanto, regalámoslle todos os días a estes personaxes os nosos datos, fotos, ubicacións, gustos e opinións a cambio dunha vida un pouco máis fácil aínda que non máis satisfactoria. Si, seguimos e seguiremos atravesando o presente cos ollos vendados. Menos mal que eles tamén.
Despois todo pareceu ir a mellor. Cando colapsou o comunismo uns botáronlle a culpa a Gorbachov, outros ao abrirse paso do espírito absoluto, e tamén houbo quen sinalou o atraso soviético na batalla tecnolóxica. O certo é que os ordenadores funcionaban cada vez mellor, xurdían miles de páxinas web e o novo tecnocapitalismo producía heroes sen garabata nin gomina, ao estilo de Bill Gates e Steve Jobs. No inicio do século XXI un par de postadolescentes espilidos podían fedellar nun garaxe californiano e inventar Google, empresa clave que naceu comprometida coa democratización do acceso ao cibermundo e grazas á cal a xente podía meterse en facebook, a rede social coa que outro rapazolo de aspecto apampado, Mark Zuckerberg, facía o seu primeiro millón de dólares.
Daquela todo o mundo quería ter facebook, ter moitos amigos virtuais cos que compartir música, falar de películas ou intercambiar parabéns nos aniversarios. Ademais era gratis e ninguén se preguntaba, nin magnates de empresas como X, Oracle ou Palantir, todos eles afíns a idearios disruptivos e antidemocráticos, non totalmente diferentes das doctrinas impulsadas polo trumpismo. Segundo Peter Thiel, seños de Palantir, libertario ao tempo que beneficiario de miles de millóns de dólares en contratos públicos, a política democrática é un lastre para a verdadeira liberdade. Esta non é outra que a empresarial, que non precisa de máis procedementos e regulacións que os decididos polo empresario-visionario, chamado a ser, co apoio da intelixencia artificial, o novo príncipe do século XXI. Por suposto, cando di estas cousas está pensando en el mesmo. Un lunático máis? Quizais, pero un lunático rebosante de dólares, aínda que non tantos coma o seu antigo socio Elon Musk.Nós, mentres tanto, regalámoslle todos os días a estes personaxes os nosos datos, fotos, ubicacións, gustos e opinións a cambio dunha vida un pouco máis fácil aínda que non máis satisfactoria. Si, seguimos e seguiremos atravesando o presente cos ollos vendados. Menos mal que eles tamén.





