Un novo crime de guerra de Donald Trump e os seus oligarcas

Non lle demos máis voltas: o ataque dos Estados Unidos a Venezuela e o secuestro de Nicolas Maduro é un crime de guerra. Un novo atentado da Administración Trump e os seus oligarcas ao dereito internacional e a convivencia pacífica entre os pobos. Un novo atentado que vén confirmar como a administración republicana intenta, apoiándose no seu poderío militar, establecer unha nova orde mundial na que eles seguirían marcando as regras para todos.

Unhas regras que no caso de Latinoamérica implican volver a doctrina Monroe de “América para os americanos”, que é como dicir para os Estados Unidos. Porque, contra o que se pode pensar, a razón principal desta criminal acción militar estadounidense non é lograr o control do petróleo venezolano, senón o de frear o avance chino -e ruso- en Latinoamérica, convertendo esta rexión no se patio traseiro. Nas derradeiras décadas o comercio e os investimentos chinos en Latinoamérica multiplicáronse exponencialmente, con gastos millonarios en infraestruturas, enerxía e comercio, ofrecéndolle así China a estes países unha alternativa distinta á dependencia secular dos Estados Unidos e Europa.

A administración Trump, e os oligarcas que o apoian, son conscientes do declive dos Estados Unidos como Imperio. Que a batalla industrial e comercial con China téñena perdida, que a posición do dólar como única divisa internacional tamén corre serio perigo, polo que a maior -e practicamente única- arma que teñen os Estados Unidos para impedir este avance chino e manter o seu liderado é o seu enorme potencial militar, co que intentan e seguirán intentando frear o aparentemente imparable avance chino nos mercados mundiais “quitándolle” o maior número posible de aliados comerciais. Neste caso Venezuela.

Que vai pasar agora? Difícil predicilo por que nin Venezuela é Iraq nin Latinomérica Oriente Medio. En primeiro lugar está por ver cal será a reacción dun pobo venezolano que si con Nicolás Maduro estaba dividido agora seguramente o estará máis e máis radicalizado polo que o risco dunha guerra civil non é rexeitable. Pero o impacto chegará a toda Latinoamérica cuxos gobernos veranse obrigados a tomar partido o que fará aínda mais inestable unha rexión xa de por si moi golpeada por múltiples factores desestabilizadores.

Tamén Europa, a Unión Europea -a que Donald Trump despreza e practicamente ignora- sufrirá o impacto. Como vai aquela a afrontar agora, nesta nova situación, a invasión rusa de Ucraína? A guerra neste país puxo en evidencia que a Unión Europea por si soa non está en condicións de facerlle fronte a Rusia, que precisa do apoio loxístico e armamentístico da OTAN que é o mesmo que dicir dos Estados Unidos quen agora, como resulta previsible, vaille esixir que apoie a súa acción terrorista en Venezuela. Neste caso, seguirá a Unión Europea “bicándolle o cu” a Donald Trump como este presumiu no seu día? Todo é posible.

Pero o que é certo e que o pobo venezolano vai a sufrir en primeira filas as consecuencias deste novo crime de guerra de Donald Trump e os seus oligarcas para os que a paz e a convivencia pacifica non están na súa axenda.