E difícil evitar a rabia e indignación vendo o xenocidio de Gaza. E difícil manter a obxectividade, pero compre facelo.
Se Hamás é unha organización terrorista por que mata e secuestra civís, como temos que cualificar ao goberno israelí que tamén mata civís por millares (moitos dos cales son nenos e nenas), bombardea e destrúe hospitais (con pacientes, incluso mulleres embarazadas dentro), escolas (estando nenos no interior), infraestruturas, deixa sen luz, auga e medicación a todo un pobo?
Si hoxe Hamás e Israel están enfrontados non cabe recordar que este último regou a aquel con centos de millóns de dólares, a través de Qatar, para que se enfrontara a OLP e a Yaser Arafat? Por que os antigos aliados son agora inimigos mortais?
Non caben dúbidas sobre que a acción militar de Hamás o pasado 7 de outubro foi un crime de guerra, como tamén o está sendo o actual bombardeo e invasión de Gaza por exército israelí. Pero, Hamás non goberna Gaza grazas ao voto, nunhas eleccións democráticas, do 44% dos gazatíes?, e Israel, non presume de ser un estado democrático e de contar nesta súa acción militar co apoio da maioría dos israelís?
Tamén nos podemos preguntar que pasaría se os israelís levaran 40 anos sendo tratados como o están sendo os palestinos, como reaccionarían maioritariamente? Por que nos escandalizamos coas accións de Hamás e non o fixemos coa situación na que vive a poboación de Gaza dende hai mais de 40 anos e que ten todas as formas dun campo de concentración?
O xenocidio de Gaza, como vai a influír na relación entre Hamás e o pobo palestino?. Non cabe pensar que ao día de hoxe, logo da acción militar israelí, seguramente Hamás terá moitos mais apoios que antes? Se fose así, para que serve esta bárbara acción militar?
Dende hai case 50 anos (1974) a resistencia palestina elixiu a vía pacifica para as súas reivindicacións. De que lle serviu? Deixaron os palestinos de ser un pobo colonizado e represaliado? Cesaron os encarceramentos e asasinatos, incluso de nenos? Save de children di que cada ano Israel detén entre 700 e 1.000 nenos palestinos que logo encarcera e son sometidos a un trato violento.
Por caso, a vía pacífica serviu para que cesaran as colonizacións de terras palestinas por colonos xudeus? Serviu para que cesaran as accións violentas tanto de colonos como do propio exercito israelí en Gaza, Cisxordana e Xerusalén Leste? Ou para que soltaran a presos palestinos (hai mais de 6.000) que se amontoan nunhas condicións de amoreamento inhumano nos cárceres israelís?
Volvendo as colonizacións, por que cando se fala de violencia nas colonias sempre se acusa aos palestinos e nunca aos colonos xudeus? E isto xusto ou é sempre a mesma historia?
Por que nunca se informa con rigor e obxectividade sobre que Israel xamais respectou nin unha soa das resolucións da ONU?
Hamas seica é unha organización terrorista e a Autoridade Nacional Palestina unha organización democrática. Pero que fai esta última por mudar a situación dos palestinos en Gaza e Cisxordania?
Dende unha perspectiva democrática resulta indiscutible que Hamás terá que responder algún día polas accións criminais, con vítimas civís, do pasado 7 de outubro. Pasará o mesmo co goberno de Netanyahu polo actual xenocidio en Gaza?
Para rematar: haberá algún día un Estado palestino, plenamente soberano?