Cos datos feitos públicos polo INE este martes 28 de xaneiro podemos contestar a esta pregunta de xeito breve situando a Galicia no contexto das Comunidades Autónomas españolas na creación de emprego durante o conxunto do ano 2024. Porque si facemos caso dos titulares dos medios de maior difusión un deles titula “Galicia creó medio centenar de empleos diarios en el 2024” e outro apostilla que Galicia creou 17.000 empregos en 2024. Semella unha boa cousa, pero ¿como saber se iso é moito ou pouco?

Fonte: INE [ampliar cadro]
Chama a atención o dato desastroso de Euskadi (-4,2%) que é todo un sinal vermello sobre a deriva do clima industrial e das manufacturas na nosa contorna, algo do que deberamos tomar nota en Galicia para este ano 2025. Con todo Euskadi, Catalunya ou Madrid pecharon o ano con taxas de paro por baixo da galega. E ten “mérito” que non teñamos en Galicia a taxa de paro máis baixa de España dada a nosa regresión demográfica e o éxodo migratorio permanente. Debera estar, desgraciadamente, mallado conseguilo, pero -aínda así- non é o caso.
No sentido contrario compróbase que Comunidades moi turísticas (Baleares ou Canarias) medran a dobre ritmo que a media o que explica en boa medida o actual “modelo de crecemento” no conxunto de España.