Sección

Carta de axuste

E digo eu…

A velas vir

Cara B

Luz de gas

As Claves

Sección

Carta de axuste

E digo eu …

A velas vir

Luz de gas

Cara B

Fiadeiro

Por que non medra a poboación de Galicia?

Por que non medra a poboación de Galicia?

Galicia baléirase, pero o problema non é só de berces. Mentres o debate fía políticas de natalidade, os datos revelan un erro de diagnóstico: somos a comunidade que máis emprego xuvenil destrúe. Cunha xeración arrasada e sen futuro laboral, o declive demográfico é a crónica dun desastre anunciado.

Pazo de Meirás: a fin dunha usurpación

logo-tempos-exclusivo Pazo de Meirás: a fin dunha usurpación

O Tribunal Supremo confirma que o Pazo de Meirás é propiedade pública, rexeitando os recursos da familia Franco. Aínda que o fallo ratifica a devolución do inmoble ao Estado, mantén a polémica indemnización aos herdeiros polos gastos de mantemento. Repasamos a historia do pazo, dende a pegada de Pardo Bazán ata o espolio franquista.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
A utilización partidista do Senado

A utilización partidista do Senado

O PP utiliza a súa maioría absoluta no Senado como ferramenta de oposición fronte ao Goberno de coalición, afastando a Cámara da súa función territorial. A creación dunha comisión de investigación sobre RTVE exemplifica esta estratexia de “política-espectáculo” e amosa unha dobre vara de medir respecto á xestión de medios públicos como a CRTVG.

Susana Mangana, experta en Oriente Medio: “Delegamos a seguranza europea nun aliado que non é tal” 

logo-tempos-exclusivo Susana Mangana, experta en Oriente Medio: “Delegamos a seguranza europea nun aliado que non é tal” 

A intervención de EE.UU. e Israel en Irán enfronta un paradoxo social: o profundo malestar interno contra o réxime dos aiatolás choca co "orgullo nacional" fronte á agresión externa. Para comprender as claves do conflito, dende o peso do lobby sionista na estratexia de Trump ata a resistencia cultural dunha sociedade que entende o sacrificio como un piar identitario, conversamos con Susana Mangana, investigadora e experta en Oriente Medio.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
Ganar e non gobernar: o Frankenstate húngaro

Ganar e non gobernar: o Frankenstate húngaro

Votar é o principio, pero non o final. O 12 de abril Hungría decide se muda de goberno, mais o verdadeiro reto non está nas urnas, senón en desmontar o “Frankenstate”, esa complexa arquitectura xurídica e mediática que Viktor Orbán construíu durante décadas para facer o seu poder irreversible.

Irán, a guerra longa que Washington non anticipou

logo-tempos-exclusivo Irán, a guerra longa que Washington non anticipou

O conflito aberto o 28 de febreiro entre Estados Unidos, Israel e a República Islámica reproduce os trazos das guerras de Oriente Próximo que Trump prometera non volver repetir, con obxectivos difusos, custo económico crecente, fracturas na familia MAGA e un réxime que aguanta o golpe. Entre as proclamas de vitoria e a solicitude de 200.000 millóns de dólares adicionais ao Congreso, a administración exhibe unha incoherencia que vai alén da táctica e que afecta á credibilidade mesma da operación. 

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
Cegados

Cegados

Quérennos cegos, e atolondrados, para que non vexamos a besta que aniña baixo as capas finas da civilización occidental. Esa que utilizan como coartada para xustificar a guerra contra Irán, país que está desde hai moitos anos no radar anexionista de Israel.

A Conferencia antifascista e antiimperialista de Porto Alegre

A Conferencia antifascista e antiimperialista de Porto Alegre

Porto Alegre acolle a I Conferencia Internacional antifascista e antiimperialista, organizada polo CADTM co apoio de colectivos como ATTAC. O encontro analiza o auxe da extrema dereita e o acaparamento de recursos por parte de fondos voitre. A cita culminará coa redacción da Carta de Porto Alegre, unha folla de ruta que pretende unificar a loita das esquerdas e os movementos sociais.

As obscenidades dos poderosos

As obscenidades dos poderosos

Unha das máis visibles evidencias dos déficits democráticos en España é o poder que exercen as elites económicas, particularmente a través das portas xiratorias. A connivencia de sectores políticos, mediáticos e xudiciais parece ter dous obxectivos principais: protexer intereses privados e perseguir á esquerda. En Galicia tamén ocorren cousas de difícil comprensión, como a supresión da Sección 3ª da Sala do Contencioso do TSXG que coñecía dos procedementos sobre as autorizacións administrativas relativas a parques eólicos, as suspensións cautelares da súa construción e cuestións de contratación que afectan a concesións hospitalarias., como a do Hospital Álvaro Cunqueiro.