Feijóo debería saber que o pasado sempre volve, aínda que só sexa para desvelar os falsos relatos cos que políticos coma el, sen outra épica e sen outra ética que a de escalar o poder a costa do que sexa, tentan acadar a primoxenitura.
Feijóo debería saber que o pasado sempre volve, aínda que só sexa para desvelar os falsos relatos cos que políticos coma el, sen outra épica e sen outra ética que a de escalar o poder a costa do que sexa, tentan acadar a primoxenitura.
A crise diplomática que alentan as dereitas non aportaría seguridade. Entrarían en recesión as bases socio-económicas actuais de Ceuta e Melilla. Rabat endurecería a súa posición nunha previsíbel negociación dos términos de cooperación en materia de seguridade e terrorismo, comercio e inversión española, abastecemento de gas licuado, fosfatos e enerxías verdes.
Aínda sabendo das súas mañas en sumar adeptos facéndose as vítimas, medios e xornalistas teñen a obriga de non contribuir a que as mensaxes e prexuízos da extrema dereita se normalicen. Unha anomalía que xa foi asumida por unha boa parte da sociedade española.
Non parece que o espectáculo co que a Xunta presentou o seu re-Plan na Cidade da Cultura consiga facer pasar por pacto social o que non é senón un monllo de medidas que, como sucedera coas máis de 400 do plan do 2004, van caer sen calendario nin respaldo orzamentario en saco roto.
León XIV asumiu o custo reputacional que para a Igrexa dos pobres e dos máis vulnerábeis comportou o exhibicionismo populista e propagandista deseñado pola Conferencia Episcopal rouquista, a cambio de conseguir o que priorizou para a igrexa española na axenda desta viaxe.
Sen deixar de valorar o compoñente exemplarizante da efeméride destevindeiro 17 de maio, útil sen dúbida para darlle visibilidade e revalidar a literatura e a lingua do país, non sería realista, nin ético, nin patriótico convertela nunha burbulla, desligándoa do vendaval que ameaza o sistema cultural no que se singularizan e se diferencian no mundo.
Quérennos cegos, e atolondrados, para que non vexamos a besta que aniña baixo as capas finas da civilización occidental. Esa que utilizan como coartada para xustificar a guerra contra Irán, país que está desde hai moitos anos no radar anexionista de Israel.
Só cando as filtracións documentais revelan a medias, e a contagotas, ese vademecum de intereses financeiros, de negocio, depravación, chantaxe, complicidade política e xudicial, empezan a removerse as augas putrefactas e todos os implicados temen pola súa reputación.
Pensabamos que non hai nada máis perigoso para a humanidade que a pobreza, as epidemias e as catástrofes climáticas. A deriva autoritaria e a subordinación a unha nova orde internacional sen normas fai que a xeopolítica se converta na súa principal ameaza.
Segundo a última sondaxe Eurobazuca, case a metade dos europeos considera que a inmigración é unha ameaza para a cohesión nacional dos seus respectivos países de pertenza. As extremas dereitas impoñen sen apenas resistencia o seu enganoso relato. Sen que a Europa institucional e democrática saiba como saír do seu estrondoso silencio para propoñer un discurso ou unha narrativa alternativa.