As claves
As claves
A tarifa eléctrica da empresa privado-pública “Recursos de Galicia”

A tarifa eléctrica da empresa privado-pública “Recursos de Galicia”

Como foguete retórico-propagandístico para despistados pode funcionar. Pois ben sabe esta tropa e os seus asesores que dende a oposición se vén reclamando unha “tarifa eléctrica galega” (claro está que co respaldo dunha empresa eléctrica cento por cento pública). E pode que tamén de todo o que por caso o que subscribe ten reclamado no seu día ao fío da tramitación do “Anteproxecto de lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia” (Xunta de Galicia, 2023) que foi unha recente, e patética ocasión, para avaliar en detalle como os publicistas desta “tarifa galega” procuran, ou non, optimizar o benestar social e a conservación dos recursos do país. O que sí está claro que procuran é enredar.

A Nova China fai historia

logo-tempos-exclusivo A Nova China fai historia

Que a China non é perfecta é cousa sabida. O politicamente correcto é que esa categoría só estea ao alcance das democracias liberais. Non obstante, ao celebrar os seus 75 anos, calquera pode concluír que o seu percorrido histórico recente non ten parangón.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
Patriotismo de partido fronte a Cataluña

logo-tempos-exclusivo Patriotismo de partido fronte a Cataluña

Setembro é sempre tempo de arrefecer. Mentres o verán agoniza e os días mirran, tamén a temperatura devala. É sempre época de melancolía á que nos empurra o retorno da cotiandade. Ese frío húmido pode impregnalo todo, mesmo as relacións humanas. O encontro entre Pedro Sánchez e Alfonso Rueda celebrouse sen alegrías alén deses sorrisos miméticos e impersoais que sempre ornan os rostros dos políticos na foto oficial. Cortesía profesional obriga a ese sorriso, pero o guión partidario logo promove ollares desconfiados e sentenzas desabridas.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
Cara a onde imos, cara a onde nos queren levar?

Cara a onde imos, cara a onde nos queren levar?

Neste escenario internacional, se o presente aparece inseguro e incerto, o futuro non se albisca con claridade, xa que a orde nacida logo da II Guerra Mundial aparece sentenciada, non digamos o dereito internacional. As ameazas á paz e á convivencia pacífica increméntanse ao tempo que as dubidas sobre o futuro de Occidente, que é o mesmo que dicir do mundo.

Quo vadis Venezuela? 

logo-tempos-exclusivo Quo vadis Venezuela? 

Non se albisca solución política no curto prazo para Venezuela. Dunha banda, constátase un país profundamente dividido, onde goberno e oposición se declaran vencedores dos comicios presidenciais. Doutra parte, concorre unha situación social explosiva caracterizada pola crise económica e humanitaria sen precedentes. Unha depauperización socioeconómica sen paliativos malia posuír as maiores reservas en hidrocarburos do planeta, un fito pouco anodino que redunda en complexos desafíos xeopolíticos.  

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
Antoni Castells, exconseller de Economía: “Precisamos un novo pacto de autogoberno co apoio da sociedade catalá.”

logo-tempos-exclusivo Antoni Castells, exconseller de Economía: “Precisamos un novo pacto de autogoberno co apoio da sociedade catalá.”

Co arranque dun curso político marcado polo primeiro presidente non independentista na Generalitat en década e media, e pola polémica reforma do financiamento de Cataluña, conversamos con Antoni Castells, Conseller de Economía da Generalitat con Pasqual Maragall e José Montilla para botar sobre a situación catalá unha mirada de amplo enfoque.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
E dous ovos duros

logo-tempos-exclusivo E dous ovos duros

“E dous ovos duros”. A escena de Unha noite na ópera (1935), na que o personaxe interpretado por Groucho Marx negocia un contrato e as súas demandas vense impulsadas ata o absurdo polas que fan Chico e Harpo, é unha boa metáfora do modelo de polarización ideolóxica que rexe hoxe en España.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
Europa e o xenocidio do pobo palestino

Europa e o xenocidio do pobo palestino

A estas alturas xa deberan quedar poucas dúbidas sobre os reais obxectivos do goberno israelí de quenda coa súa ofensiva, en Gaza e Cisxordania antes e, agora, no Líbano. Non deberan quedar dúbidas porque estamos diante de guerras de exterminio, de auténticos xenocidios. O goberno israelí cos seus actos de barbarie desminte calquera xustificación de que actúa en defensa propia e aí están, por se non foran suficientes as imaxes de destrución que nos chegan, as terribles cifras de mortalidade infantil: segundo un organismo tan pouco sospeitoso de extremismo como Unicef, Gaza estase convertendo nun cemiterio de nenos, cuxo asasinato se contabiliza por decenas de miles. Unhas matanzas que se continuaron en Cisxordania e que agora se ampliaron ao Líbano.