Tres en raia

E tras a moratoria, que? O futuro do eucalipto

E tras a moratoria, que? O futuro do eucalipto

A flexibilización da moratoria do eucalipto anunciada pola Xunta de Galicia deita dúbidas sobre o futuro do ecosistema forestal no país. A polémica especie, plenamente asentada, pode estenderse máis aínda que o Goberno galego asegure que procura diminuír a súa superficie total. Para analizar o escenario que se abre coa “moratoria flexible” a partir deste ano contamos con Serafín González Prieto, da SGHN; Xosé Veiras do Observatorio Galego da Acción Climática (OGACLI) e o enxeñeiro forestal Xacobo Feijoo Lamas. 

[Tres en raia] Vagas de calor e cambio climático

[Tres en raia] Vagas de calor e cambio climático

A DINA (Depresión Illada en Niveis Altos) impactou con forza no levante peninsular, deixando un rastro de destrución e máis de 70 mortos entre as comunidades autónomas valenciana, castelán-manchega e andaluza. Os expertos científicos levan moito tempo avisando de que o cambio climático reforzaría a frecuencia e gravidade de fenómenos climatolóxicos extremos. Recuperamos os textos de Julen Rekondo, Xosé Veiras García e Xabier Vázquez Pumariño no número 329 de Tempos Novos sobre a urxencia de acometer medidas ante a mudanza climática e as consecuencias, xa traxicamente visibles, de non afrontar este desafío.