A demanda externa -cando as exportacións de bens e servizos superan as importacións- dende a saída da recesión post-Covid en 2020 viña sendo un importante motor do crecemento da economía de Galiza. Así no ano 2025 supuxo entre nós unha cuarta parte do crecemento do PIB, mentres no conxunto de España -lonxe de sumar- a demanda externa restaba sete décimas.
Aínda que se precisamos algo máis sobre isto comprobamos que o crecemento das exportacións de bens e servizos no conxunto de España no ano 2025 fora cinco veces superior ao de Galiza (3,6% fronte ao 0,7%), algo que non só ten que ver co sector turístico, pois tamén o conxunto do sector industrial español medrou moi por riba do noso (2,3% fronte ao -0,3%).
Se volvemos a vista atrás comprobamos que dende o ano 2000 ata hoxe pasamos primeiro por unha recesión económica -en 2008- produto dunha burbulla financeiro inmobiliaria, e logo por un shock en 2020 derivado dunha pandemia.

Fonte: elaboración propia con datos do INE e do IGE [ampliar cadro]
Para comprobalo abonda con usar o indicador do saldo externo en bens e servizos -como porcentaxe do PIB- ao longo das últimas dúas décadas con datos do IGE. No ano 2008 da recesión anotabamos un máximo histórico do noso saldo negativo (cun -12,9% do PIB), unha cifra moi elevada que só se pode entender naquela euforia crediticia e de consumismo alentadas polo sistema financeiro. Como ben sabemos todo rebentou cando os prestamistas entraron en pánico e, entre outras cousas, houbo que liquidar as Caixas de Aforros e o Banco Pastor, afundindo moitas empresas da construción, inmobiliarias e de todo tipo.
A partir dese ano non quedou máis remedio que axustar produción e riqueza interna, e así pasamos daquel -12,9 % en 2008 ao -0,9 % en 2016. Un axuste en toda regra, cara a unha porcentaxe máis normal en relación ao PIB. E será así como tras a irrupción da pandemia demos un paso máis para chegar a ter un saldo positivo (do + 2,2 % en 2022), resultado dun crecemento continuo das exportacións mentres que as importacións se foron estabilizando1.
Este cambio na achega do motor externo confírmase co indicador que tamén facilita trimestralmente o IGE na súa xa citada Contabilidade Rexional de Galicia2. Trátase da achega ao crecemento anual do PIB por parte desa demanda externa e pola demanda interna (consumo dos fogares, das administracións públicas e investimentos) tal como resumía máis arriba.
Sendo así que o modelo recente de crecemento da economía de Galiza viña dependendo de xeito importante do motor externo. Un modelo, reitero, que pouco tiña que ver co actual do conxunto do reino de España. Pois Galicia dependía moito máis que o conxunto de España da demanda externa para explicar o seu crecemento nos últimos anos.
O primeiro é constatar que temos pasado de xeito obrigado dunha economía galega baseada no endebedamento barato (para consumir e importar bens e equipos, para construír vivendas), que alimentaba a demanda interna, a unha economía que non pode facer tal cousa e que depende moito máis das exportacións.
Feita esta panorámica retrospectiva da nosa economía, que consecuencias pode estar tendo todo isto nun contexto como o actual de explosiva guerra comercial dende EE.UU. e de belicismos rampantes? O primeiro é constatar que temos pasado de xeito obrigado dunha economía galega baseada no endebedamento barato (para consumir e importar bens e equipos, para construír vivendas), que alimentaba a demanda interna, a unha economía que non pode facer tal cousa e que depende moito máis das exportacións.
O segundo é recoñecer que as perspectivas de futuro pasan por variadas e problemáticas incertezas: dificultades crecentes para exportar, problemas de recesión nas economías que son os nosos clientes turísticos, dificultades para recuperar o sector da construción, así como limitacións para o endebedamento público que non sexa para gastos militares.
Que supón todo este conxunto de ameazas para o actual modelo de crecemento en Galiza? Pois que a demanda externa vai a ter serios problemas para seguir a sumar no crecemento e no emprego (como xa se confirmou no conxunto do ano 2025), mentres que a demanda interna non vai a ter menos problemas3.
Por unha banda porque os investimentos públicos (coa regra de ferro do déficit) pouco poderán empurrar e, por outra, porque o consumo dos fogares (e menos mal que se leva mellorado moito o SMI, e revalorizado co IPC as rendas dos pensionistas) segue sen recuperar en termos reais o nivel que tivera en 2007.
Nesta encrucillada máis que teimar en relaxar as normas fiscais de cada Estado da Unión Europea, para endebedarse cada un polo seu lado, o camiño debera ser partillar programas de protección social e de investimentos públicos estratéxicos mutualizados a escala europea.
E así se confirmou no último trimestre para o que temos datos4: a nosa demanda interna medrou un 1,2%, moi por baixo do que o fixo no conxunto do reino de España que foi un 3,3%. O mesmo lle sucedeu ao emprego. E tampouco as exportacións ou o PIB industrial medraron no que levamos deste ano 2026 por riba da media española. Así se explica que as exportacións de bens e servizos de Galiza no conxunto de España pasasen de supor un 9,4% en 2020 a só un 7,6% en 2024.
Nesta encrucillada máis que teimar en relaxar as normas fiscais de cada Estado da Unión Europea, para endebedarse cada un polo seu lado (como vén de facer Alemaña mesmo cunha reforma express da súa Constitución para gastos de defensa), o camiño debera ser partillar programas de protección social (renda básica, pensións mínimas axustadas ao SMI, acceso á vivenda pública de alugueiro, oferta de prazas públicas ou asistencia para dependentes, etc.) e de investimentos públicos estratéxicos (non militares) mutualizados a escala europea.
Con cargo a unha fiscalidade ou facenda única para a eurozona sobre as rendas e patrimonios do un por cento máis rico. O malo é que esa facenda única nin está nin, cada día que pasa é máis negro, se lle espera. Co que España, e dentro dela Galiza, estamos metidos nunha rateira económica.
________________________
1 https://www.ige.gal/web/mostrar_actividade_estatistica.jsp?codigo=0307007001&num_pag=1
2 https://www.ige.gal/web/mostrar_actividade_estatistica.jsp?codigo=0307007002
3 Sobre a demanda interna dun paísminguante ver https://www.nosdiario.gal/articulo/economia/motor-interno-dun-paisminguante/20251009221745236263.html
4 https://www.ige.gal/web/mostrar_actividade_estatistica.jsp?codigo=0307007002








