As claves
As claves
Comemos peixe fresco, ou pagamos o alugueiro?

Comemos peixe fresco, ou pagamos o alugueiro?

Case dous de cada dez fogares viven en Galicia en réxime de alugueiro segundo o IGE, cifra que vai en crecemento (uns 160.000) e que, ademais, afronta unhas mensualidades que se disparan ao non existir un parque público de vivendas en réxime de alugueiro taxado en liña coa media europea.

[Tres en raia] Vagas de calor e cambio climático

[Tres en raia] Vagas de calor e cambio climático

A DINA (Depresión Illada en Niveis Altos) impactou con forza no levante peninsular, deixando un rastro de destrución e máis de 70 mortos entre as comunidades autónomas valenciana, castelán-manchega e andaluza. Os expertos científicos levan moito tempo avisando de que o cambio climático reforzaría a frecuencia e gravidade de fenómenos climatolóxicos extremos. Recuperamos os textos de Julen Rekondo, Xosé Veiras García e Xabier Vázquez Pumariño no número 329 de Tempos Novos sobre a urxencia de acometer medidas ante a mudanza climática e as consecuencias, xa traxicamente visibles, de non afrontar este desafío.

Gaza: que nos está pasando?

Gaza: que nos está pasando?

Leo un correo que me vén de enviar UNICEF -quen me ten puntualmente informado- que, entre outras cousas, di: “Intensos bombardeos, desprazamentos masivos e falta de accesos no Norte de Gaza obrigan a adiar a campaña de vacinación contra a poliomielites. Esta fase final da campaña en curto pretendía vacinar a 119.279 nenos e nenas en todo o norte de Gaza”.

A xefatura de Estado e a democracia en España

A xefatura de Estado e a democracia en España

En base a todas estas evidencias resulta correcto asegurar que a monarquía borbónica trouxo, e segue traendo, para os pobos de España custos políticos e sociais. Unha monarquía que non debemos esquecer foi imposta por unha das ditaduras mais crueis e sanguinarias do século XX e que, como puidemos comprobar ao longo desta etapa democrática, está axudando a perpetuar o dominio das forzas conservadoras que controlan a maioría das institucións do Estado español (policía, poder xudicial, exercito, igrexa….). Un control que, a pesar dos avances habidos nas etapas de gobernos progresistas, garanta que as desigualdades sociais e territoriais se manteñan ao longo do tempo. Un control e un dominio que se fai máis visible nos momentos en que se intentan avances tanto en materia social como territorial, cando as forzas conservadoras atopan o apoio das institucións citadas e da propia xefatura do Estado.

Madrid: capital federal imposible

Madrid: capital federal imposible

Nunha recente análise, sobre o nivel de federalización dos ingresos públicos en distintos países, concluía que o Reino de España estaba lonxe da estrutura centralista de países como Francia, Italia ou Portugal, pero tamén a un nivel escaso se os referentes fosen Canadá ou Alemaña. Co que dentro de España podemos avanzar moito daquel para ser un país máis federal.

A primeira folga indefinida da súa historia leva a CRTVG a escenarios inéditos

A primeira folga indefinida da súa historia leva a CRTVG a escenarios inéditos

A CRTVG está a vivir a primeira folga indefinida da súa historia. O apagón informativo que a propia canle impuxo sobre este fenómeno inédito leva implícito un recoñecemento tácito da razón que asiste aos convocantes. As súas reclamacións non teñen un carácter estritamente laboral ou salarial, senón que supoñen unha chamada de atención sobre o progresivo abandono do carácter de servizo público con que naceu a compañía catro décadas atrás. Trátase dunha mobilización por un servizo público para o conxunto da cidadanía galega do que os seus traballadores se erguen como valedores ante o desleixo de quen debera exercer esa función.

Luís Álvarez Pousa, recoñecido co Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo

Luís Álvarez Pousa, recoñecido co Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo

O director da revista Tempos Novos, Luís Álvarez Pousa, vén de recibir o Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo na súa vixésimo terceira edición. O xurado salienta no seu fallo a súa longa e intensa traxectoria profesional e a súa contribución á formación das primeiras promocións de xornalistas galegos, alén do seu compromiso co xornalismo cultural e a súa capacidade para xerar pensamento e debate na revista. Destácase no fallo a traxectoria desta publicación, que saíu do prelo ininterrompidamente dende 1997 xuntando ata agora 329 números.

E agora, que? Quen repara o dano causado?

E agora, que? Quen repara o dano causado?

Que en España hai unhas dereitas políticas, xudiciais e mediáticas que conspiran contra a democracia está fora de toda dúbida, e abonda con analiza-las súas actuacións para ver con claridade que esta ofensiva totalitaria existe. Nestes días tivemos unha nova evidencia cando o maxistrado Juan Jose Escalonilla, logo de tres anos de infrutuosas  investigacións contra Podemos e as súas finanzas, ten que arquiva-lo caso coñecido co nome de Neurona por falta de probas. Pola súa parte a Audiencia Provincial de Madrid rexeita o último recurso co que Vox combatía as decisións do citado maxistrado.

A inmigración como chibo expiatorio

A inmigración como chibo expiatorio

O ascenso das extremas dereitas en practicamente todo Occidente está provocando, entre outros asuntos, que a inmigración se sitúe no foco do debate político pero, no maioría dos casos, cun enfoque tal que sinala a inmigración como un chibo expiatorio dos males occidentais. Así os inmigrantes pasan por seren os grandes responsables do desemprego, a precariedade laboral e os baixos salarios, o empobrecemento dos estados de benestar, a inseguridade cidadá… Andrómenas que levantadas polas extremas dereitas acaban sendo asumidas por practicamente tódolos partidos políticos tanto de dereitas como de esquerdas, aínda que ningunha teña unha base obxectiva.

Está a mudar o noso «modelo produtivo»?

Está a mudar o noso «modelo produtivo»?

Ven sendo noticia dende hai meses o minguante peso industrial de Galicia. Este resultado global minguante, en termos de emprego, obedece a forzas sectoriais contrapostas: algunhas actividades que van ben, mentres outras andan arrastro. E mesmo hai outras que, como relevo, poderían tirar do sector industrial galego pero que non o fan.