As claves
As claves
Punto final para o financiamento autonómico?

Punto final para o financiamento autonómico?

O novo modelo de financiamento autonómico dá un primeiro paso tras máis dunha década de bloqueo, pero aínda debe superar o trámite parlamentario. Cataluña volve ser decisiva nun proceso que deixa Galicia ante unha oportunidade incompleta: máis recursos, si, pero sen atender plenamente os custos derivados do envellecemento e do espallamento territorial.

Securitización marítima e os reféns xeopolíticos

logo-tempos-exclusivo Securitización marítima e os reféns xeopolíticos

O comercio mundial xa non se move baixo as mesmas regras. A rivalidade entre potencias, os aranceis e os conflitos xeopolíticos están a transformar as rutas marítimas e a converter portos e estreitos estratéxicos en pezas clave dun novo escenario de inseguridade. A securitización do mar revela así ata que punto comercio e xeopolítica son hoxe inseparables.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
Ceuta e as fendas do Marrocos de Mohamed VI

logo-tempos-exclusivo Ceuta e as fendas do Marrocos de Mohamed VI

No último Discurso do Trono, o rei presentou Marrocos como país «estable» e actor «crible, respectado e escoitado» internacionalmente. Horas despois, ducias de milleiros de marroquís entraban en Ceuta. A avalancha expuxo as contradicións dun reino máis influente no exterior, pero incapaz de ofrecer ao groso da súa mocidade oportunidades, dereitos e liberdades.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
Poboación da Galiza: minguante e avellentada 

Poboación da Galiza: minguante e avellentada 

Galiza afronta un dobre desafío demográfico: perde poboación mentres aumenta o peso das persoas maiores. Lonxe de ser unha cuestión menor ou un efecto estatístico, esta dinámica condiciona o emprego, as pensións e os servizos públicos, e revela problemas estruturais ligados á capacidade do país para xerar actividade e oportunidades.

A crise de Ceuta: necesidades de España e responsabilidades de Marrocos

A crise de Ceuta: necesidades de España e responsabilidades de Marrocos

O Estado Español debería ter unha resposta ante este tipo de crises. Por un lado a condena ante o uso da poboación civil para a presión política (recordemos que se está a organizar un mundial entre ambos países). Pero por outro contar con dispositivos de emerxencia que poidan facer fronte a estas problemáticas. Deixar nas mans das ONGs, e polo tanto na iniciativa privada, a atención inmediata é unha neglixencia.

Os sectores económicos minguantes de Galiza

Os sectores económicos minguantes de Galiza

Entre 2000 e 2024, Galiza gañou emprego, pero perdeu peso no conxunto da economía española. A excepción industrial non agocha unha realidade máis preocupante: o crecemento foi menor e concentrouse nos servizos, mentres agricultura, construción e industria perderon ocupados. Unha evolución que deixa importantes retos para o futuro económico do país.

Cuba: unha crise sen saída?

Cuba: unha crise sen saída?

Que pretenden Trump e M. Rubio neste pulso que se esta desenvolvendo arredor de Cuba? E a que están dispostos os dirixentes cubanos para diminuír o deterioro das condicións de vida dos seus compatriotas? Moitas interrogantes e pouco tempo para aliviar o grande sufrimento que están padecendo a grande maioría dos homes e das mulleres dunha terra tan vinculada á nosa historia.

Juan Gestal, profesor emérito da USC: “Hai risco de novas pandemias”

logo-tempos-exclusivo Juan Gestal, profesor emérito da USC: “Hai risco de novas pandemias”

A próxima pandemia non é unha hipótese, senón unha posibilidade permanente. O profesor emérito da USC Juan Jesús Gestal Otero advirte de que o verdadeiro reto non é evitar o inevitable, senón mellorar a preparación, reforzar a vixilancia epidemiolóxica e garantir unha resposta global baseada na cooperación e na equidade, sen as que ningunha sociedade estará realmente protexida.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo