O moderno sistema mundial capitalista (usando a terminoloxía de Immanuel Wallerstein) enfróntase a unha serie de dilemas (auténticas crises) de cuxa resolución dependera tanto a súa propia supervivencia como a do planeta terra. As evidencias son, cada día que pasa, máis contundentes.
Seguramente que a mais relevante sexa a crise climática polas consecuencias que se derivan. Os datos que manexan as entidades internacionais mais prestixiosas (como a OMM: Organización Meteorolóxica Mundial) sinalan que se están superando tódolos límites razoables no quecemento atmosférico: o ano 2024 cos seus rexistros térmicos (+1,55ªC por riba dos niveis preindustriais) pechou a década mais quente dende que se teñen rexistros. Unha situación que xa está provocando fenómenos como temperaturas tórridas e inusualmente altas, grandes secas, choivas torrenciais, furacáns, incendios descontrolados, grandes desxeos….. Fenómenos que rompen os equilibrios naturais e presentan un futuro con enormes incógnitas sobre a pervivencia da humanidade e o resto das especies no planeta terra.
O 10% mais rico da poboación posúe a metade do ingreso mundial e a porcentaxe de ingresos do 40% máis pobre apenas acada o 9% en Oriente Medio e o Norte de Africa e arredor do 10% no Sur de Asía.
O sistema mundial tamén coñece uns niveis de desigualdade como nunca antes na era capitalista. Unha desigualdade que se dá non só entre países senón no interior dos mesmos e que afecta tanto aos países do Sur como do Norte. Nunca houbo tal nivel de desigualdade, de xeito que as propias Nacións Unidas sinalan como “os países ricos estanse volvendo máis ricos e os países probes máis probes. A desigualdade en ingresos, esperanza de vida e ensino están medrando en todo o mundo”. O 10% mais rico da poboación posúe a metade do ingreso mundial e a porcentaxe de ingresos do 40% máis pobre apenas acada o 9% en Oriente Medio e o Norte de Africa e arredor do 10% no Sur de Asía.
Unha situación dobre (crise climática, desigualdade) que segundo a propia ONU estase convertendo nun caldo de cultivo excelente para o auxe dos totalitarismos e o declive da democracia. “Nunca enquisa mundial, o 90% dos enquisados recoñece que a democracia é a forma de sociedade que aplaude, pero, ao mesmo tempo, a porcentaxe de quen están dispostos a votar por partidos populistas medrou máis do 50 por cento” (Nacións Unidas). Dáse actualmente o grande paradoxo de que seguramente nunca houbo tantos réximes democráticos pero posiblemente nunca a democracia estivo tan en risco.
Cambio climático, desigualdade, guerras e conflitos que contribúen decididamente a que se perpetúen, e incluso medren en non poucas rexións do mundo, a inseguridade alimentaria e a fame negra.
Seguindo coas Nacións Unidas, cómpre recoller a súa información de que o mundo “vive unha nova era de conflito e violencia” marcada por unha menor letalidade que no século XX -especialmente na primeira metade- pero con cada vez máis países expostos a esta violencia e onde os conflitos entre grupos dentro dun territorio son máis usuais que entre estados. Segundo o prestixioso Instituto para a Economía e a Paz (IEP) neste inicios do ano 2025 “arredor do planeta atópanse 56 conflitos armados, unha cifra que non se vía dende a Segunda Guerra Mundial”.
Cambio climático, desigualdade, guerras e conflitos que contribúen decididamente a que se perpetúen, e incluso medren en non poucas rexións do mundo, a inseguridade alimentaria e a fame negra. Segundo o Informe de UNICEF do 2024 “en 2023 o 28,9% da poboación mundial, que supoñen 2.330 millóns de persoas, padeceu inseguridade alimentaria moderada ou grave”. O máis terrible é que non parecera que a situación vaia cambiar a mellor “as tendencias da fame e a inseguridade alimentaría aínda non avanzan na dirección axeitada para rematar coa fame e a inseguridade alimentaria para 2030. Os indicadores dos progresos a o cumprimento das metas mundiais en materia de nutrición non van camiño de eliminar tódalas formas de fame negra” (meta 2.2 dos ODS).
Estes son algúns dos máis grandes e graves problemas con que se atopa o sistema mundial nos inicios do ano 2025. Problemas todos que teñen causas políticas, polo que a súa solución tamén é política. Baixo este prisma, a chegada de Donald Trump á Casa Branca, a presenza de Vladimir Putin no Kremlin, a conversión en potencial mundial de China -que segue sendo unha ditadura-, o declive da Unión Europea cun sacratísimo ascenso da extrema dereita en practicamente tódolos estados…. debuxan un panorama nada tranquilizante para o sistema mundial e as súas crises sistémicas. Iremos vendo.