A “Europa imaxinaria” afronta unha disxuntiva existencial: devir por fin un actor xeopolítico real ou resignarse a ser o campo de batalla onde son outros quen deciden o seu propio destino. A resposta determinará se Europa se consolida como potencia soberana ou se desvanece definitivamente como reliquia dun proxecto civilizacional esgotado.
















