Como queira que recentemente me ocupei de desmentir o presunto liderado de Galicia no crecemento económico dende 2009-2023 (Nós diario), e observo que se segue a falar en parellos termos do ano 2024 mesmo referíndose ao emprego (“balance moi positivo do emprego”), deixo aquí o meu balanzo moi resumido usando os datos máis recentes da Seguridade Social.

Fonte: elaboración propia con datos da Seguridade Social [Ampliar cadro]

Fonte: elaboración propia con datos da Seguridade Social. [Ampliar cadro]
¿Ser os cuartos pola cola é compatible con falar dunha “conxuntura económica moi boa”? Semella que si. A Xunta de Rueda-Feijoo agradecerallo a quen así o manteña. E non faltarán medios de comunicación que o amplifiquen como se debe.