Cando o capitalismo comeu a meu avó: o problema da xestión da atención ás persoas maiores

Este verán de 2025, unha auxiliar de Axuda a Domicilio foi asasinada no Porriño. Matouna un usuario de 71 anos con antecedentes previos de saúde mental. A traballadora xa dera parte á empresa de acoso sexual por parte deste, pero non se tomará ningunha medida preventiva.

Este debería ser un feito illado. Un mal exemplo de facer institucional, que nos servise para mellorar os protocolos de atención e de seguridade das traballadoras. Pero as políticas sociais da Xunta de Galicia apuntan cara á precariedade e a saturación dos recursos, con problemas como o que se deu a chamar como “psiquiatralización dos centros residenciais”.

A Lei Xeral de Sanidade de 1986 derivou nunha transformación paulatina do sistema de atención á saude mental, apostando pola atención no medio social dos pacientes, desarticulando pouco a pouco os psiquiatricos. Así en 2016 cesou tal atención residencial no Rebullón (Mos, Pontevedra) sendo agora os ingresos en psiquiatría feitos graves, onde é necesario un control médico exhaustivo ate a súa estabilización, onde o paciente regresaria a súa familia para ser atendido de maneira ambulatoria. O problema é cando estes pacientes carecen de núcleo familiar ao que regresar, así a Xunta de Galicia tomou como decisión ingresar a estes pacientes en centros residenciais de persoas maiores.

Outro dos problemas cos que carga a atención ás persoas maiores no noso país é a presenza dun oligopolio, capitaneado por empresas como Domus-VI.

Así a inspección de traballo (Seguindo a eldiario.es 12.10.25) informa dun risco mortal para as traballadoras, con situacións de violencia extrema, con perigos para as traballadoras e usuarios. Tamén o comité de empresa do persoal laboral da Xunta de Galicia de Pontevedra denuncia a existencia de agresións sexuais e acusa á Xunta de non tomar medidas adecuadas para a protección das traballadoras.

Outro dos problemas cos que carga a atención ás persoas maiores no noso país é a presenza dun oligopolio, capitaneado por empresas como Domus-VI. Vimos o seu poder durante a xestión da pandemia do COVID-19, onde pretendía agochar datos públicos mediante o uso dos tribunais e o apoio da Xunta de Galicia (datos que sairon a luz grazas á investigación do xornal Praza Pública). Esta empresa volve estar de actualidade, pois na data de redacción deste artigo, os sindicatos están a denunciar a falta de cobertura de profesionais na súa residencia de San Lázaro en Santiago (con problemas asociados como hixiene non adecuada, erros na administración de medicación e aparición de enfermidades como a sarna ou a conxuntivite). Curiosamente esta mesma residencia foi a que durante os primeiros meses da COVID-19 presentou un maior número de mortes en toda Galiza.

Todo isto son problemas estruturais. Son casos que saen pouco a pouco, e nos ensinan que hai un problema no sistema de atención aos nosos maiores.

Non é un caso illado, pois neste mes de outubro de 2025, pecharonse dúas residencias de maiores na provincia de Ourense por atención moi deficiente. Primeiro a Casa do Maior Xardín de Amoeiro, onde se descubriu cunha inspección de estranxería que o centro estaba baixo o coidado dun único traballador, que ademais estaba en situación de irregularidade. O feito de que só unha persoa se encargase de todos os usuarios derivou en neglixencias moi graves en canto á hixiene e alimentación. O segundo caso foi na Residencia Comunitaria San Gabriel, en Xinzo de Limia, onde atoparon un centro que non cumpría a adaptación para os usuarios dependentes e ademais se atopaba sobre poboada (15 usuarios nunha residencia de 10).

Todo isto son problemas estruturais. Son casos que saen pouco a pouco, e nos ensinan que hai un problema no sistema de atención aos nosos maiores. Este problema sempre sae á luz derivado doutros factores (inspección de traballo, queixas dos sindicatos, traxedias como a do asasinato da auxiliar de Axuda a Domicilio) cando debería ser obxecto da reflexión colectiva como sociedade: como queremos que se atendan aos nosos maiores e como o imos facer coa tendencia continuada a unha poboación cada vez máis envellecida.