Algunhas claves que poden explicar a vitoria de Donald Trump

Segundo as informacións que nos chegan dos Estados Unidos a folgada vitoria de Donald Trump nas eleccións presidenciais non foi unha grande sorpresa. Non hai que buscar unha única razón, senón que seguramente sexan unha combinación de varias que conflúen nunha evidencia: Estados Unidos non é alleo aos ventos totalitarios que atravesan occidente e que están transportando para as alturas do poder ás forzas de extrema dereita.

Para a explicación do resultado hai que partir das propias características do sistema electoral estadounidense, que fai que as eleccións presidencias se diriman entre os candidatos de só dous partidos (Republicano e Demócrata) que, a nivel político-ideolóxico, cada vez se diferencian menos, o que conduce a que a participación electoral non sexa moi elevada. Unha dinámica que favorece maiormente ao candidato republicano pois o desencanto, que leva a abstención, é maior nas filas demócratas. Un desencanto que ten moito que ver coa situación interna, pois o electorado estadounidense guíase moito mais pola conxuntura doméstica que pola política exterior.

En relación co anterior hai que saber que nos Estados Unidos as campañas electorais son moi caras, polo que os candidatos precisan dispoñer de moitos fondos privados (miles de millóns de dólares) para financiala súa campaña. Millóns que so poden proceder das corporacións privadas que adiantan eses diñeiros por que saben que logo formarán parte dos equipos de apoio ao lexislativo e ao executivo que son quen redactan e aproban as leis. Algo que moitos cidadáns estadounidense saben o que fomentan o abstencionismo (“ao final fará o que lle manden as grandes corporacións”) especialmente nas filas demócratas.

Entre as corporacións que destacan no financiamento da campaña están tanto as grandes tecnolóxicas da información (GAFAM), como a industria militar (Lockheed…), o sector financeiro (Wall Street) e o lobby petroleiro (Shell, Exxon..) como tamén moitas ligadas ao lobby xudeu e as igrexas evanxelistas que apostaron maioritariamente por Donald Trump doando millóns de dólares a súa campaña. Non se debe ignorar a crecente influencia que están logrando estas últimas entre os cidadáns dos Estados Unidos tanto nas clases medias -maioritarias- como nas minorías étnicas e raciais.

A pesar de que a economía estadounidense non vai mal, grazas aos impulsos fiscais aprobados polo goberno de Joe Biden, este non conseguiu evitar que as alzas nos prezos, froito da inflación, golpearan fortemente as clases de rendas medias e baixas, que se estancaran ou baixaran os salarios reais e que medre a pobreza.

A pesar de que a economía estadounidense non vai mal, grazas aos impulsos fiscais aprobados polo goberno de Joe Biden, este non conseguiu evitar que as alzas nos prezos, froito da inflación, golpearan fortemente as clases de rendas medias e baixas, que se estancaran ou baixaran os salarios reais e que medre a pobreza: o pais mais rico do mundo ten uns niveis de desigualdade e de pobreza dos mais altos de Occidente. Unha situación que sería aproveitada moi intelixentemente polo Partido Republicano para dividir aínda mais a un pais xa moi dividido e introducir, de rebote, o tema da inmigración a quen se lle acusa de moitos dos males que afectan aos Estados Unidos: os inmigrantes veñen a roubar os postos de traballo, fan baixa-los salarios, erosionan o benestar, disparan a delincuencia e fan medrar a inseguridade. Un discurso que Donald Trump e os seus apoios ideolóxicos saben manexar moi ben e que parece ter moito éxito entre a poboación estadounidense.

Si a isto se lle suma a intelixente utilización dunha suposta ameaza exterior (Rusia, China, Irán, ….) inexistente (quen quere atacar e destruír aos Estados Unidos?) fai que se produza nalgunha medida unha situación parecida á da “Guerra Fría” que igualmente favorece maiormente aos republicanos.

Finalmente, non menos importancia tivo a crise de identidade do Partido Demócrata, que a falta dun programa propio sumou os problemas coa candidatura derivados da decadencia física de Joe Biden. Una situación inesperada que obrigou a acudir a Kamala Harris, unha candidata moito menos coñecida que Donald Trump, o que supuxo que na carreira electoral aquela partira dunha posición de clara desvantaxe. Non parece xusto culpar  da derrota a Kamala Harris cando a maior responsabilidade hai que buscala no aparato do Partido Demócrata.