As claves
As claves
[Eleccións de medio mandato] A vía iliberal de Trump antes do 3 de novembro

[Eleccións de medio mandato] A vía iliberal de Trump antes do 3 de novembro

O presidente prometeu 5.000 dólares a cada cidadán adulto se o seu partido conserva o Congreso e impulsou en Texas e outros Estados distritos deseñados para sumar escanos republicanos. Os tribunais frearon a maior parte das súas ordes sobre inscricións e voto por correo, e rexeitaron as demandas para obter listaxes de electores. O Supremo, en cambio, deixou en vigor o redeseño texano e debilitou a protección legal contra a discriminación racial. 

[Eleccións de medio mandato] Capacidades e límites fronte a Trump dun Congreso demócrata 

logo-tempos-exclusivo [Eleccións de medio mandato] Capacidades e límites fronte a Trump dun Congreso demócrata 

Se os demócratas se fan coa Cámara de Representantes o 3 de novembro, poderán investigar o Goberno e frear as súas iniciativas, pero non desfacer por si sós as políticas de Trump, que conserva o poder de veto e seguirá na Casa Branca ata 2029. Os fondos xa concedidos á policía migratoria e o calendario parlamentario limitan ademais o alcance dunha nova maioría que non tomaría posesión ata xaneiro. 

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
[Eleccións de medio mandato] A esquerda gaña peso e disputa o rumbo demócrata

logo-tempos-exclusivo [Eleccións de medio mandato] A esquerda gaña peso e disputa o rumbo demócrata

Candidaturas apoiadas polo alcalde de Nova York e pola esquerda socialista derrotaron a congresistas veteranos nas primarias demócratas. O seu avance concéntrase en distritos seguros e enfronta o partido por Israel, os doadores e o relevo xeracional. En Texas, James Talarico disputa ao republicano Ken Paxton un escano no Senado. Novembro mostrará se o desprazamento á esquerda suma votos en distritos disputados e se a vía texana, centrada no custo da vida, convence a votantes non progresistas. 

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
Brasil despois da remontada de Lula 

logo-tempos-exclusivo Brasil despois da remontada de Lula 

A reelección do veterano político de esquerdas impide o regreso dos Bolsonaro á Presidencia de Brasil e priva a Trump dun aliado na maior economía latinoamericana. Lula deulle a volta aos prognósticos cunha campaña que animou os simpatizantes a difundir mensaxes e convencer os seus veciños, coa redución da xornada laboral como bandeira e fronte a un rival que inquietou a votantes críticos co PT. Un Congreso máis conservador e a ausencia dun relevo claro marcan os límites desta vitoria. 

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
 A rateira económica deste 2026

 A rateira económica deste 2026

Galiza chegou a 2026 cunha economía cada vez máis dependente das exportacións e cunha demanda interna que medra por baixo da española. A guerra comercial, a incerteza internacional e as limitacións do investimento público debuxan un escenario incómodo: os dous motores do crecemento perden forza e a economía galega queda atrapada nunha rateira.

Eleccións xerais e vivenda

Eleccións xerais e vivenda

A derrota dos decretos de vivenda no Congreso deixa ao descuberto a fractura entre as políticas para conter os prezos e os intereses do sector financeiro-inmobiliario. Coa vivenda convertida nun dos grandes problemas sociais, o Goberno afronta agora unhas eleccións nas que estará en xogo o rumbo das políticas de vivenda.